Monday 29 de April de 2024

Retirada unha árbore caída sobre a vía na parroquia de Ézaro, no concello de Dumbría


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee foron alertados ás 18:15 horas da tarde de onte, domingo 14 de abril, da caída dunha árbore que cortou a circulación na pista pola que se accede ata a DP -2308, ao seu paso polo concello de Dumbría.

O exemplar, un eucalipto de grandes dimensións, impedía o tránsito pola pista polo que os bombeiros procederon á súa retirada para garantir novamente a circulación.